BLOGME TENDAL CLVI: Tendal de castigo

18 Xan BLOGME TENDAL CLVI: Tendal de castigo

blogme 156Que mal fixo para que o teñan pendurado dunha orella só ? Esa collida é de castigo, cando fas unha falcatruada e, cos nervios fóra de todo control, apáñante pola orella e lévante camiñando nas punteiras, por alto que sexas, desexando chegar canto antes a onde sexa que te leven e que te liberen a orella.

Pero non só está castigado o oso (pardo), hai roupa castigada: ese xeito de colgar o pantalón, e o pantalón pequeno e a prenda vermella e a prenda rosa, cunha pinza só, que parece posta con agresividade, e as outras pezas, engurradas, sen tomarse a molestia de estendelas (xusto a palabra portuguesa para isto: o estendal) cando todo o mundo sabe que a roupa ben estendida mellor seca e mellor se plancha

Coitado do oso, por mal que fixera, ben merecía, cando menos, outra pinza na outra orella. Cando é equilibrado, o castigo non doe tanto.

3 Comentarios
  • avelino gonzalez
    Publicado ás 13:30h, 27 Xaneiro Responder

    Jose Luis Gutiérrez García Parece más un castigo familiar… El baño del oso y su paseo escurriendo por la casa…

  • avelino gonzalez
    Publicado ás 13:30h, 27 Xaneiro Responder

    Avelino González. Sen despreciar o paseo previo polo chan da casa varrendo todas as peluxes. Un boneco de peluche de neno pequeno debe ser considerado un servicio público ademáis dun xoguete.

  • avelino gonzalez
    Publicado ás 13:31h, 27 Xaneiro Responder

    Trasna Belém Sospeito que os pantalos verdes a raias son do dono do osito bañado.

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: