11 Xan BLOGME TENDAL CLV: Tendal de broker
Estas mochilas impermeables, son para que o de fóra non entre ou para que o de dentro non saia?
Está ben ter dúas mochilas para a mesma criatura, para alternar. Xa se sabe que a nocilla ten unha tendencia innata a ir por fóra, e a froita a espachurrarse e botar o zume por adiantado. E para aproveitar o zume, mellor ter a mochila limpa, así podes beber o que non chuparan as libretas e lápices, e lamber a nocilla. (Algo disto debe a saber a nai que usa bolsa ríxida lavable)
Ese momento impagable de sacar as libretas na escola e amosar nelas o adianto da merenda. Que agora non sei, pero antes limpabamos ca manga do xerxei. Durante as clases antes do recreo vas tecendo estratexias para ver que merenda che interesa e canto podes negociar ca túa. A quen entras primeiro e quen tes evitar que te entre. Así o recreo convértese nunha bolsa de valores en pequeno e as criaturas en brokers en prácticas.
Hai lobbies, sociedades e grupos solidarios con funcionamentos particulares. E tamén esa xente que come a súa merenda en soedade e non admiten a máis mínima especulación nin negociación nin diálogo. Intolerantes!
Sen comentarios