Neste tendal (coma en todos) vese o que non se ve: Quen tende a roupa e como a tende; quen desfixo a cama e a fixo antes; os mobles: a cómoda, o armario, a cama, as mesas de noite, as sillas; as lámparas de...
É que non sei que ten este tendal. Pero cando o vin quedei parado mirando para el, sen máis, sen por que.
E non ten nada. É de chica. Evidente. Pero ten un aquel xeitoso. Ordeado. Cada roupa con cadansúa pinza. As prendas do torso...
Foi o que me veu á cabeza en canto o vin. Mellor que esa ave cagona, parásita, indiscreta, interesada, aproveitada, oportunista, que tanto se parece ó ser humano.
Propoño este tendal como símbolo da paz.
Está nunha casa vella, como o mundo, como a ansia da...
Quen sestea? Sestea o sofá, sestea a propietaria do sofá? Que bonito sería que sestease o sofá, acubillo de tantas sestas e cabezadas provocadas polo sono, o cansazo e/ou o aborrecemento. Que bonito sería que quen usa o sofá sestease no tendal, nas tardes...