BLOGME TENDAL XXXII: Tendal …

22 Mar BLOGME TENDAL XXXII: Tendal …

É que non sei que ten este tendal. Pero cando o vin quedei parado mirando para el, sen máis, sen por que.

E non ten nada. É de chica. Evidente. Pero ten un aquel xeitoso. Ordeado. Cada roupa con cadansúa pinza. As prendas do torso mangas abaixo e os pantalóns polo van. Se cadra é o aire que hai no tendal. As prendas lévanse ben entre elas e respétanse o espazo de cada quen. Hai un aquel de tolerancia, de conversa, de acougo. Non podo evitar imaxinar a esta chica, simplemente mirando.

E non ten nada.

Acabo de decatarme do sinal do portal de abaixo, pensei cortalo, pero queda, igual ten algo que ver co tendal.

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: