BLOGME TENDAL XXX: Tendal sesteante

09 Mar BLOGME TENDAL XXX: Tendal sesteante

Quen sestea? Sestea o sofá, sestea a propietaria do sofá? Que bonito sería que sestease o sofá, acubillo de tantas sestas e cabezadas provocadas polo sono, o cansazo e/ou o aborrecemento. Que bonito sería que quen usa o sofá sestease no tendal, nas tardes de sol, as dixestións lixeiras. Aí, no tendal, onde como calquera roupa, o sol e o aire quitarían a humidade da cabeza. Que bonito soñarse roupa no que dura unha soneca

E fíxate! Con luz para ler se se che fai noite, ou está nubrado.

Di ti que son só as pezas dunha esquina. si. E el que pasaría nesa esquina para que tivesen que sacar a tender só esas dúas pezas?

…  Un neno , un vaso que envorcou , se cadra unha parella … (de vasos)

 

 

2 Comentarios
  • filispines
    Publicado ás 11:05h, 10 Marzo Responder

    Divertidísimo artigo… Aínda rin un anaco. E quen me dera sestear no tendal. o que non sei é como quedarían as miñas costas, pois cando me levanto do sofá xa se resenten… nin che conto no tendal…
    Ao mellor están a ventilar pq a crianza-can mexou no mulidiño sofá…

    • avelino gonzalez
      Publicado ás 15:56h, 12 Marzo Responder

      Nunca se sabe onde se topa mellor acomodo!

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: