BLOGME TENDAL XXXIII: Ver sen ver

30 Mar BLOGME TENDAL XXXIII: Ver sen ver

Neste tendal (coma en todos) vese o que non se ve: Quen tende a roupa e como a tende; quen desfixo a cama e a fixo antes; os mobles: a cómoda, o armario, a cama, as mesas de noite, as sillas; as lámparas de teito de mesiña de noite; os cadros e as fotos enmarcadas; os panos de ganchillo, as alfombras; Vense as mans que tenden e a alianza que levan. Vese mesmo o camisón que non está tendido.

E logo o vento. As dúas sabas (a baixeira e a de arriba) enténdense. A funda da almofada semella un vestido de festa de aniversario celebrada con velas sobre tarta de amorodo, Mmmm! Se cadra non todo é o que parece a primeira vista e hai sorpresas!

Dous coxíns que contan por un. Só dúas mans os tratan, as outras dúas só os apartan.

Rosa e prata. Tenrura que dúas mans buscan, seguro. O que non se ve é se hai outras dúas que a dean.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: