BLOGME TENDAL XXXIII: Tendal de chica

20 Abr BLOGME TENDAL XXXIII: Tendal de chica

Non ten dúbida. E penso que se me cruzo con ela pola rúa recoñézoa.

Tanto xersei (?) de pescozo alto, tanta lycra… Os calcetíns de deportivas todos ordenadiños, emparellados, as medias baixas de zapatos e bailarinas tamén, con distancia de seguridade sobre os calcetíns, hai clases! calzamos os mesmo pés pero non somos iguais; Ollo: As medias baixas comparten pinza, unhas pola punteira, outras pola perneira, outras polo medio… hum.  Compartirán piso cos calcetíns? Pero chámame a atención o contraste entre o xeito de tender a roupa interior co tratamento distintivo hacia esa camiseta azul que vai na percha señorial.

Será que lle ten un agarimo especial. Porque lle senta especialmente ben. Ou porque é a súa prenda da sorte. Ou porque cadra ca cor dos seus ollos.

Se é unha que non comparte piso, é alta, delgada, e cos tops e camisetas amosa o embigo.

Ai, os tendais de muller que bos conversadores son!

Que en-vexa.

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: