Xa non se labran os campos, non se traballan as hortas, non se colgan as roupas.
Quedan os restos de cando falabamos co entorno.
Só medra o silencio.
E o abandono, o noso, de nós, de abandonármonos, isolármonos.
Como se puideramos vivir sós...
Despois do programa de centrifugado das lavadoras, as roupas quedan engurradas de vez.
Téndense e alísanse e xa está.
Se cadra, cando recollan o tendedeiro para alisar, podían aproveitar para recoller o edificio e alisalo tamén.
Un pouco engurrado está....