blog me tendal

BLOGME TENDAL DCXXIII:

Sempre me chamaron a atención os tendedeiros básicos. Case sempre son de muller, cousa que denota unha relación peculiar das mulleres ca limpeza e ca roupa e ca intimidade e ca hixiene. Neste, ademáis hai un algo surreal: a roupa mirándose no espello. Axeitando os fíos...

BLOGME TENDAL CDXXI: Tendedeiro mareiro

O vento mareiro seca, airea e dá arrecendo. Leva dosificador incluído, que fai que non sexa excesivo senón suxerente, nesa dose que abre os apetitos todos e dá vontade de satisfacelos todos. Tendendo a roupa así non precisas perfume, e menos do caro. Algún perfumista foi quen...

BLOGME TENDAL CDXX: Esperando esperanzado

Unha casa non son pedras así como un tendedeiro non son roupas: Este tendedeiro é a esperanza. A casa está en obras. Non está para vivir e aínda lle falta, pero xa ten o tendedeiro. Cuberto e aireado, abrigado da chuvia ó alcance do vento. Quen...

BLOGME TENDAL CDXIX: Tendedeiro de copla

Os trapos tamén namoran Manuel, Manueliño, a túa chaqueta ben cheira, cheira a rosa, cheira a flor, cheira a flor da laranxeira Non hai flor, non hai flor, Maruxiña, non hai flor como a túa e a miña; non hai flor, non hai flor, Maruxeira, non hai flor como a da laranxeira....