BLOGMETENDAL DCCLXXIII: Falar

16 Ago BLOGMETENDAL DCCLXXIII: Falar

“Non hai con quen falar!” É a fala máis repetida pola xente de aldea.
“Nin na perruquería” confirman as mulleres de vila.
Os tendedeiros, eses bio-marcadores, evidencian esa mudez progresiva.
Velaquí este tendedeiro sen ningún conxénere a quen dar un simple “bo día”.
Fóra deste tendedeiro non hai silencio, non. Hai mudez.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: