Risco era iogui, bailador, bohemio, neneiro, retranqueiro, coqueto e preguiceiro. Tal era.
O mundo de Risco está esparexido polo Libro da Selva, Harry Potter, os Beatles, o budismo, a marihuana, Walt Disney...
Toda a roupa tan formal a secar, que este pantalón ca perneira caída non se sabe se está a bailar West Side Story nun desfile marcial de roupa civil ou está recuperándose da chea que apañou esta noite. Ha pensar que aínda está vestindo...
A camisola de manga curta marca anchura de ombreiros. Son forte.
O pantalón marca informalidade. Són cómodo.
A camisola de tiras marca peito. Son nova....
O río onde se lava, a herba na que se clarea, o tendedeiro onde seca.
E a cerdeira acompaña o ciclo da limpeza co seu ciclo anual, dá cor á roupa e a quen a lava.
Só o río é lineal, vai e non volve.
Nunca se...