BLOGME TENDAL DCLXII: Invasión

26 Xul BLOGME TENDAL DCLXII: Invasión

Unha banda de roupas sae do seu acubillo.

Pola parede abaixo van invadir á vila, van vestir xente sen pedir permiso.

A xente vaise ver acosada por roupas descoñecidas que as van usar de transporte obrigado. Igual que os piollos collen xente como aloxamento en réxime de pensión completa, as roupas collen xente como medio de transporte e lucimento: “Que ben che acae ese home”, “Que ben che acae esa muller”, din.

E cambiarán de xente como quen cambia de parella no baile.

E nós, coitados, seremos usados, aproveitados.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: