BLOGME TENDAL DCLXI: “Vellos son os trapos”

19 Xul BLOGME TENDAL DCLXI: “Vellos son os trapos”

Din as vellas en lexítima defensa.

E os trapos non son vellos, son xente nova con moi mala vida de moito traballo en condicións moi malas, e mesmo tendidos en calquera parte ruin.

Canta xente non coñecín que pasaban por vellos e non eran tal. Porque foran tratados coma trapos.

Os trapos non son vellos. Son maltratados. Ou, cando menos, sufridos e esforzados.

En calquera caso, se os trapos fosen xente…

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: