BLOGME TENDAL DCLXIII: Vestir de branco non é doado

02 Ago BLOGME TENDAL DCLXIII: Vestir de branco non é doado

Vestida de branco sae esta muller todos os días. Vestir de branco a cotío non é doado: hai que saber lavar e ser moi limpa.

Gosta de coidarse, por iso as cortinas, a corredeira e a da varanda. Necesita arrolarse nela propia.

A muller que sabe vestir de branco é coidadosa, ordeada, delicada. Porque o branco é moi esixente.

E é muller complexa, con carácter e rica en matices. Pode arrecender a pela de laranxa, ou a cebola. Sairá sempre guapa, sempre, pero variará o arrecendo.

Deus me garde o sentido do olfato!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: