BLOGME TENDAL CCXXV: Campo de concentración
Non é un estendal porque a imaxe contradí á palabra. Se fose un estendal, as roupas estarían estendidas, e non. Están arreboladas unhas nas outras, ou contra as outras, ou enriba das outras. Máis que colgadas da corda, están pechas, debruzadas na varanda. Pero rendidas, vencidas....