BLOGME TENDAL CCXXIX: Tendal cortina

12 Xuñ BLOGME TENDAL CCXXIX: Tendal cortina

blogme 229 red

Este tendedeiro é moi falangueiro. Se o escoitas, háche falar de que o piso está ocupado por unha moza e máis un mozo que teñen cadanseu cuarto separado e ningún dos dous gasta moito. En roupa polo menos.

E o tendedeiro fala do aforraduriños que son. Entre os múltiples usos que ten un tendedeiro (un tendedeiro é a polivalencia ó vento) está a de cortina exterior.

E nos pisos compartidos, adoito partillados por estudantes, con ingresos priorizados para cousa distinta da vivenda, ou por traballadores con recursos limitados, o uso polivalente do tendedeiro como cortina exterior aforra en cortinaxe e consumo de aire condicionado.

Se é que un tendedeiro aforra cartos!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: