22 Mai BLOGME TENDAL CCXXVI: Eu marcho
Velaí está. Enfastiada. Farta de esperar a que a recollan. Xa non aguanta máis a secar. Está máis que seca xa, sedenta! Esa camisola quere marcha, guerra, vida. Se hai que pasar pola lavadora, pásase. Pero, por ela, falta non fai. Ou a recollen decontado ou descólgase ela soa e vai de cañas sen o corpo presente. Tamén é certo que, polo xeito que ten, é das que vai por ir, non para na casa. Como fóra da casa en ningunha parte.
Eu baixo que non espero máis!

Sen comentarios