BLOGME TENDAL CCXXVII: Sómosche ben rariños tendendo a roupa!

29 Mai BLOGME TENDAL CCXXVII: Sómosche ben rariños tendendo a roupa!

Este (porque ten que ser home, quen viste, quen lava e quen tende) non poñería as pinzas a xogo! Este xeito de poñer a roupa é apresurado e trapalleiro, é propio de quen non lle parece importante como se poña a roupa a tender. Posiblemente tampouco lle importe moito como se pon a roupa a vestir, non lles há de pasar o ferro (moita roupa deportiva, fará deporte?). O pantalón vaqueiro non leva alorza cosida, vai dobrado polo baixo. Algunha amizade feminina debeulle por dous puntos de fío para termar da dobrez, se non foi el quen que pillala cunha grapa.

Pero malia isto, non se pode negar que lle prestan as cousas organizadas:

De esquerda a dereita: Pantalóns, cunha camisola despistada (daríalle preguiza tirar pra atrás da corda); logo camisolas e partes de arriba; e logo a roupa interior ou deportiva curta (infraumbilical).

Cada cousa no seu sitio, as cousas como son, xente de orde e respeto en calquera circunstancia. Pero polo xeito de tender a ropa engurrada, que esas dobreces non as causa o vento, supoño que algo conservador e non sei se un chisco machista

1Comentario
  • Amparo Guerra
    Publicado ás 10:55h, 29 Maio Responder

    Hay mujeres que tampoco saben tender la ropa, Avelino. Como venga un viento, adiós.

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: