Home non! Queda feo. Di mal.
Que vale que vivides de aluguer e a anclaxe do tendal é cousa do caseiro, pero unha cordiña mellor tirada non fai mal. Coitado do mono de leopardo, que pouco luce....
E a min que mo expliquen!
A teoría é que fixo unha bogada de roupa de lá. E a roupa de lá ten un secar delicado, que che colle cheiro de húmido se non a secas ben. E as casas modernas están deseñadas para que...
Se é certo que a beleza está na proporción, este tendedeiro é fermosísimo. A parede garda unha relación de proporcionalidade estética non ca uralita plástica, senón ca súa inclinación e mais ca ferruxe dos soportes e co cordel, e máis ca xanela de aluminio...
Lémbrame ó conto de Dieste do home que nace vello e vive a vida ó revés. Lémbrame ó poema de Avilés sobre Ludmila, quen no seu sangue leva os sangues todos de quen foi antes e quen virá despois. Nestas roupas están os homes...