roupa Tag

BLOGMETENDAL DCCXXXVII: Xentrificado.

Tendedeiro fugaz de piso turístico. Seguramente de roupa suada lavada na bañeira ó tempo que se ducha quen as viste. Tendedeiro de urxencia: lavo e seca e visto mañán. A roupa de fóra a secar, e a coitada da toalla, mal pendurada da xanela, mirando ó mundo...

BLOGMETENDAL DCCXXXV: Coma case sempre

Volvo con este tendedeiro porque, coma case sempre, chama de primeiras a atención a roupa do home, polo que ocupa, malia que non sexan as mans que lavan e tenden e recollen e alisan...

BLOGMETENDAL DCCXXXIV: Reciclaxe

Varandas recicladas en tendedeiros. Fácil, evidente. Botar man do que se ten a man. E que a roupa estea ben tendida depende, sempre, do xeito das mans que tenden....