BLOGME TENDAL CLXXVI: Tendal de castigo
Que mal farían, coitadas! Só hai pinzas para os calzóns. Será porque foron as únicas prendas que despois de seren sometidas a tortura acabaron confesando e, seguro, delatando. As outras roupas, camisolas e calcetíns (coitados estes), íntegras e comprometidas cos ideais, resisten a esta tortura...