BLOGME TENDAL CLXXVI: Tendal de castigo

07 Xuñ BLOGME TENDAL CLXXVI: Tendal de castigo

blogme 176Que mal farían, coitadas! Só hai pinzas para os calzóns. Será porque foron as únicas prendas que despois de seren sometidas a tortura acabaron confesando e, seguro, delatando.

As outras roupas, camisolas e calcetíns (coitados estes), íntegras e comprometidas cos ideais, resisten a esta tortura de seren penduradas ó sol e ó escarnio público, e atadas á forza a unhas cordas de tender. Atadas e ben atadas, co nó apertado, sen consideración polas engurras que despois lles queden: cicatrices que acusen diante dos inimigos e enaltezan diante dos amigos

Algo levan agachado. Xa sombra delata un anfibio agochado na camisola negra. Un anfibio deses que arruinan o soño de quen viva na beira dunha laga e que son xustamente aplastados polas rodas dos coches. Mellor morrer de golpe que de tortura.

Por iso están atadas e non con pinzas: Porque non están para que sequen, senón para que confesen.

Viva a resistencia!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: