21 Xuñ BLOGME TENDAL CLXXVIII: Tendal con mans
Velaqui están. As mans que tenden a roupa, as mans que tensan a corda, as mans que remexen na roupa suxa e logo téndena e recóllena e pránchana e prégana e gárdana.
Hai mans autárquicas que só tratan ca roupa que visten, hai mans globalizadoras que tratan ca roupa de máis xente, algunhas de toda a xente. Mans que ademáis visten e ispen, que axustan e de paso acariñan.
Xa se pode lavar a roupa sen mans, pero seguimos vestíndonos con elas. Inconscientes nós delas. Case nunca reparamos nas mans que nos visten, as máis das veces as nosas. Tampouco reparamos nas mans que nos visten cado non son as nosas. Case tampouco lembramos as mans que nos vestiron, que foron as mesmas que nos lavaron a nós e á roupa, que nos acariñaron, a nós e á roupa.
A roupa, os tendais, teñen mans
Sen comentarios