28 Xuñ BLOGME TENDAL CLXXIX: Tendal discriminatorio
Estará en cuarentena? Estara discriminada por distinta ou por distonta? Desterrada? Illada?
Non parece que sexa por cousa boa. Hai tensión neste tendal, vese que a discrimincación ou afastamento non é boa. A fasquía que ten esta trandeira é ruín, embarullada. As prendas mal estarricadas, as pinzas parecen grillóns.
Velaquí as roupas, tiradas na corda de calquera maneira, é que non lle importan a ninguén? Unha afastada das outras… por que?
Por que esa falta de coidado? Cando non se coida a roupa que se tende… hai problemas.

Sen comentarios