clothes line Tag

BLOGME TENDAL CLXXVI: Tendal de castigo

Que mal farían, coitadas! Só hai pinzas para os calzóns. Será porque foron as únicas prendas que despois de seren sometidas a tortura acabaron confesando e, seguro, delatando. As outras roupas, camisolas e calcetíns (coitados estes), íntegras e comprometidas cos ideais, resisten a esta tortura...

BLOGME TENDAL CLXXIV: Tendal de tortura

É de home. Non por nada, só polo xeito de tender as camisas. Algunha veciña/veciño, caritativo que lle diga que secan igual. Claro que tanto ten. Cal é a diferencia entre poñer catro ou dúas pinzas? Espazo ten así que...

BLOGME TENDAL CLXXIII: Tendal de baranda

Este tipo de pinzado non ten nada que ver co de cordel. Non podes pinzar contra nada, porque o ferro é máis groso e polo tanto a pinza non é fiable, pode espiar do ferro e quedar a roupa ó ventimperio e comezar unha...

BLOGME TENDAL CLXXII: Tendal pedestre

E lavarianas na lavadora? Entre tanto cable como ten para colgar, ben podía colgar as zapatillas nos que teñen máis que ver ca súa función. Os cables do redor serven, coma eses tenis (viguesada léxica) para comunicar, para coñecer, para chegar a outros lugares e...