clothes line Tag

BLOGME TENDAL CLXXI: Tendal… normal

Tan normal, tan rutinario, tan sen sobresaltos que non importa se será de muller solteira ou non; nin as medias destacan por contraste de cor. Só chama a atención ese tanga onde se concentran todas as cores que non hai no resto do tendal. E ademáis...

BLOGME TENDAL CLXX: Tendedeiro heráldico

Cal escudo de armas, identificando a nobleza da familia posuidora da casa. Dando valor e gabándose do aboengo, de xeracións e xeracións que fixeron estandarte da nobre arte de lavar e tender a roupa. Así tempos: Blasón sobre campo de brancura mancillada polo pecado orixinal...

BLOGME TENDAL CLXIX: Niño de pinzas

Velaquí están, os gazapiños de pinzas, no niño, piando pola comida. Que se está preparando, tranquiliños gazapiños, en casas coma as que hai no fondo, e que virán encher ás vosas boquiñas. Nunca vin un paxaro pousado na corda dun tendedeiro...

BLOGME TENDAL CLXVIII: Seca ca vista

Se eu fose fotógrafo, e dos bos, que non son, faría unha fotografía destas bonitas onde todo fose roupa tendida. Onde estivese todo o que hai na roupa tendida, ás veces na vistas, outras no olfato, outras no tacto (e tamén no oído e...

BLOGME TENDAL CLXVII: Solitario e limpo

É tan raro topar prendas íntimas masculinas soas nun tendedeiro que quedei prendido deste. A roupa íntima masculina adoita ir no medio da outra, sen embargo a feminina, as mais das veces é merecedora de vogada propia e corda de seu no tendal, de...