BLOGME TENDAL CLXXIV: Tendal de tortura

24 Mai BLOGME TENDAL CLXXIV: Tendal de tortura

blogme 174É de home. Non por nada, só polo xeito de tender as camisas. Algunha veciña/veciño, caritativo que lle diga que secan igual.

Claro que tanto ten. Cal é a diferencia entre poñer catro ou dúas pinzas? Espazo ten así que… Aquí son eu vítima dos meu prexuizos. Vistas así, máis que camisas a secar, parecen…

…camisas ó espeto, asadas ó natural, ó sol. Logo xa as consumiremos con prebe de varón-Dandy.

… que estan a padecer tortura. Lembrades esa tortura que consiste en esgazar as estremidades dunha persoa turrando por elas cun cabalo?

… profesionais: A secar! É unha orde. Co bonito que é xogar co vento!

E para pasarlles o ferro despois? É igual senón é peor. O difícil de pranchar e o sitio onde estivo a pinza trabando, con raiba e carraxe; coma cans de caza. Canta mais, máis dificil de alisar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: