31 Mai BLOGME TENDAL CLXXV: Tendal de bandeira
Que bonita bandeira! O tendal é a bandeira das vivendas. Nel están expresadas nas cores, nas texturas, nas combinacións, nas prendas, … as interioridades e intimidades e sensacións e vitalidades e bioritmos de quen viven atrás desa trandeira, dentro desa roupa. Bandeiras que sen vento, por escaso ou sutil que sexa, non son nada, nin sequera funcionais. Bandeiras cun pasado sempre mais ou menos suxo, un presente limpo e un futuro por vestir.
É este blog unha homaxe ás bandeiras. A estas, as máis humanas e plurais, decididas por cada quen. Con elas saúdanos o vento e convídanos a brincar con el.
Deus abenzoe cada prenda e cada corda e cada pinza dos tendais do mundo.

Sen comentarios