Así como o sol avanza ó redor da terra e a humanidade trata de traducir o percorrido sol en reloxos que nunca concordan, as cousas que fai a xente ó longo do mundo permíteche facer viaxes no tempo....
Dos tendais de aproveitamento e reorientación de estructuras domésticas, agrícolas, urbanas, industriais e/ou naturais, que teño visto, este ten ese don que tanto eu aprecio da proporcionalidade.
Esa reixa que non se sabe ben que función cumpre, se que quen estea fóra non entre ou...
Polo seu uso plural. Isto é como aqueles barbeiros de feira que exercían de barbeiros, de dentistas e de capadores. Que no mesmo asento que barbeaban, arrincaban; moas e ca mesma navalla que rapaban, capaban.
Cumpre, ou pode cumprir, tres funcións, a saber: Trandeira, cortina...
Tendeu a secar o reflexo da roupa, porque antes lavou o reflexo da roupa ca que antes estaba vestida.
E agora, de que estará vestida? Ou, de que estará espida? De reflexos ou de roupas?...
Talmente como os reloxos brandos de Dalí.
Non está tendida, nin a secar. Está. Desfacéndose. Perdendo toda persistencia da memoria. Pretendendo perdela, pero se cadra está así xustamente por ser memoria persistente.
Descubrín con abraio e normalidade que as mulleres tivesen unha braga para a regra....