06 Set BLOGME TENDAL CLXXXIX: Miúdo
Dos tendais de aproveitamento e reorientación de estructuras domésticas, agrícolas, urbanas, industriais e/ou naturais, que teño visto, este ten ese don que tanto eu aprecio da proporcionalidade.
Esa reixa que non se sabe ben que función cumpre, se que quen estea fóra non entre ou quen estea dentro non saia (máis me inclino pola segunda). Mentres a reixa decide que pinta aí, quen está dentro decide darlle un uso de proveito para a comunidade doméstica: trandeira. Pero dáselle uso específico e especializado: a roupa miúda. Que é a que mellor se axeita ó tamaño dos vans que a reixa ten, e que non adoecerá das estreituras que a xente que vive no interior ben se ve que si padece.
Neste caso, si: quen fose calcetín. Que debe estar mellor que quen o calza.

avelino gonzalez
Publicado ás 18:34h, 06 SetembroVisto así parece a torre dun castelo coa sua princesa dentro
Oes …. e non será algún tipo de contraseña pra “querid@s ” …. digo eu que , como agora está prohibido tendela roupa nas fachadas ….jejejejeje ” Cariño , si ves os calcetís na verxa non veñas que teño o “cöyuge” na casa