13 Set BLOGME TENDAL CXC: A máquina do tempo.
Así como o sol avanza ó redor da terra e a humanidade trata de traducir o percorrido sol en reloxos que nunca concordan, as cousas que fai a xente ó longo do mundo permíteche facer viaxes no tempo. Dependendo de onde ti esteas e onde vaias, has viaxar ó futuro, ó pasado, ou á ciencia ficción.
Este tendal levoume ó pasado que durmía en colchóns de lá e cada ano había que lle descoser a funda e sacar a lá e estirala e aireala para que o vento levara o fedor dos pés, dos suores e dos mexos dos nenos. E volvera así a estar a lá fresca e mol, donda, para abrigar os corpos cansos dos traballos que os propios colchóns daban.
Pasado que é presente. Que a calor da lá lles dea soños bonitos!


Sen comentarios