30 Ago BLOGME TENDAL CLXXXVIII: Multitendal
Polo seu uso plural. Isto é como aqueles barbeiros de feira que exercían de barbeiros, de dentistas e de capadores. Que no mesmo asento que barbeaban, arrincaban; moas e ca mesma navalla que rapaban, capaban.
Cumpre, ou pode cumprir, tres funcións, a saber: Trandeira, cortina e expositor de mercado. Depende do punto de vista de quen ve, e de quen tende.
É innegable que hai criterio: todas as prendas están pinzadas pola parte de abaixo. Agás a camisa, que está polo pescozo.
Espero que deste tendal non se deduza que nesa casa vain de cabeza nin queiran esganar ó home (aínda que o merecera)
Sen comentarios