A luz e a cor que non hai nas camisolas, está nos boxers. Aquí é onde desprega a alegría.
Él vese gordecho, (vese no tamaño das camisolas). Pero gústalle gustar, vese na cor dos boxers, e no por que só ten boxers.
A teoría estética...
Non mesturar o traballo co ocio,
Non vivir para traballar,
Non mesturar o laboral co doméstico,
Non mesturar a roupa de vestir ca roupa de traballar
Non mesturar unha roupa ca outra.
Non vaia ser que se lle pegue, e cando poñas a roupa de cotío che entren gañas...
O razoamento económico é doado:
1 = 1
Unha prenda = unha pinza.
A lei do mínimo ou do esforzo necesario e ningún máis. Economía de esforzos e enerxías e pinzas.
Ás veces un aforro acaba sendo un desbalde. Se logo tes que pasar o ferro, por exemplo.
Pero...
Os tendedeiros así postos, son fíos de comunicación persoais e persoalizables. Como o fío telefónico, o fío de banda larga. Por eles circula moitísima información, máis da que se ve. Estes fíos transportan información de xeito autónomo, descubrindo coincidencias e disparidades que circulan polas...