02 Abr BLOGME TENDAL CCLXXI: Roupas á rúa
Tender na rúa é unha beleza. A beleza de compartir. É unha felicidade, unha alegría.
Tender na rúa é un saúdo a veciños e camiñantes, un convite á conversa, un partillar inconsciente de que estás e do como estás. Só para quen queira escoitar. Non para calquera.
A roupa, así posta, é o alumeado do camiño que leva ó torreiro da festa, é o torreiro da festa, a porta da feira de abril, as luces do nadal.
Co gallo dun cumio da UE, Berlusconi pedíu ás napolitanas que non tenderan a roupa na rúa.
As napolitanas, sumisas como elas soas, ese día, tenderon toda a roupa interior que tiñan pola casa. De muller, home, nena, neno, vella, vello.
A metáfora é evidente.
Se os mangantes da UE soubesen lavar roupa…
A roupa tendida na rúa está limpa. É a ollada a que pode estar suxa
Marisa Castiñeira
Publicado ás 11:51h, 02 AbrilSempre me gustan os teus tendais, pero este é ben bonito! E o texto un canto a libertade cotiá!