Non sei que policía se encarga destas cousas. Pero está claro que houbo redada.
Colleron unha chea de roupas sospeitosas de seren delincuentes, e velaquí están elas. En prisión.
Esperando que? Que as ceiben ou que as sequen?...
Organización. Toallón, toallón, toalla, calzas, funda de coxín, vestidiño.
De maior a menor ou de menor a maior. De grande a pequeno ou de pequeno a grande. Moita orde, non si?
E o vestidiño...
Todas roupas de interior, agás unha camisa, poida que un par de camisolas.
Todas de cores suaves, crariñas. Branco, rosa e azul cun toque de cor carne, farían unha bandeira pola que eu daría a vida, e, antes, todo o meu agarimo.
Metódica: 3 pinzas por...