BLOGME TENDAL CCLXIII: Comunicación por fíos

05 Feb BLOGME TENDAL CCLXIII: Comunicación por fíos

Os tendedeiros así postos, son fíos de comunicación persoais e persoalizables. Como o fío telefónico, o fío de banda larga. Por eles circula moitísima información, máis da que se ve. Estes fíos transportan información de xeito autónomo, descubrindo coincidencias e disparidades que circulan polas cordas como un funambulista.

Velaí están, podes entrar na conversa ou non. Ninguén obriga. Aquí os silencios nunca son incómodos. Falas se queres cando queres. E cando falas non o fas sempre na procura de resposta algunha. Pero… cando te responden…! Ou… cando ti respondes…!

É porque antes as roupas falaron entre elas e a-corda-ron coincidencias.

Non hai mais que seguir o fío dunha conversa xa empezada con alguén que non sabías que xa falaras, que xa coñecías.

Ai, cando inventen o tendedeiro sen fíos!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: