26 Feb BLOGME TENDAL CCLXVI: Tendedeiro gordecho pero… fachendoso
A luz e a cor que non hai nas camisolas, está nos boxers. Aquí é onde desprega a alegría.
Él vese gordecho, (vese no tamaño das camisolas). Pero gústalle gustar, vese na cor dos boxers, e no por que só ten boxers.
A teoría estética do boxer é sinxela: Se tes bandullo evidente, o calzoncillo normal, que estreita nos laterais deixando a parte mais longa para o centro acolledor de partes íntimas, fai unha forma redondeada cara abaixo parella á curva do bandullo superior, potenciando a súa redondeza, e aparentando máis gordo.
Mentres que se usas boxer, este só ten liñas horizontais parellas, a da goma e a das perneiras que neutralizan ou simplemente non potencian á curva do bandullo.
Isto estiliza a figura.
Isto só se ve en determinados momentos, si. Pero que ben que se coiden eses determinados momentos con este agarimo e masculina fachenda.
Sen comentarios