Inicio

BLOGME TENDAL CCXLIII: Tendedeiro de tubo

Vaites ho! Que mala sorte! Necesitas eses calcetíns porque son os únicos que tes que combinan con ese pantalón e mais eses zapatos. E usáchelos onte. E feden. E hai que lavalos decontado. E secalos. Non hai tempo para abrir o tendedeiro pregable, que...

BLOGME TENDAL CCXLII: Roupa delicada

A foto fala das mans que tenden e lavan. Estas mans saben distinguir o que é importante do que non é. Casa de aldea. As árbores, que son amieiros, falan do río que pasa por baixo e sae na foto porque saen eles. O valado,...

BLOGME TENDAL CCXLI: Na falleba

Velaí está. Non se sabe se a secar ou a airear. A tomar o sol ou a tomar o fresco. Pero está á vista, sabéndose visto. Insinuándose, co misterio da contra sen abrir e a promesa da cortina corrida da xanela. Se tanta presa ten por...

BLOGME TENDAL CCLX: Bicitendal

Coitadas. Que mala vida. As cousas son para o que son e non son para o que non son. A bicicleta é para moverse, facer vento aínda que non haxa vento. A roupa é para secar ó vento. E velaquí están, roupa e bicicleta, freadas...

BLOGME TENDAL CCXXXIX: Tendedeiro desleixo

Caos de pinzas e perchas. Coma quen fai unha ensalada de restos para cando non hai nin moita fame nin moita ansia de facer de comer. Esta roupa foi, seguro, lavada a man, con certo desleixo, pero porque hai días así: días nos que...