BLOGME TENDAL CCXLVI: Trebellos

09 Out BLOGME TENDAL CCXLVI: Trebellos

Que será? Por que? Por que esta criatura do señor preparou este pergueño para tender? Non serve para tender, non se poden poñer pinzas. Só perchas. E velaí as están saturadas de roupa. Non vai secar ben.

Non é a mellor solución. A proba é a tina ca roupa miúda.

E no balcón do lado, á esquerda, hai outro trebello para tender roupa. Tamén gordo. Non é o axeitado para tender a roupa. Un sucedáneo de tendedeiro

Xa que logo, supoño que esa vivenda foi vivenda familiar cando na cidade vivía xente que facía vida na cidade.

Pero logo a cousa mudou, e as cidades empezaron a almacenar xente que estaba nelas para traballar nelas. Unha vivenda é un desbalde de espazo, é máis económico e rendible un cuarto.

Tender a roupa, vivir … non son actividades que interesen ás cidades contemporáneas.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: