BLOGME TENDAL CCXLIV: Necesidade

25 Set BLOGME TENDAL CCXLIV: Necesidade

Calquera cousa vale para tender. Na casa do pobre todo se aproveita. Sen pensalo. A falta de tendendeiro … somier, e bicicleta, e varanda de balcón, e trinque da cortina, e salvouse a bombona de butano!

Tamén, vai a roupa como lle cadre: calcetíns, trapos ou a toalla de cristiano ronaldo botada do revés, sen xeito nin dereito.

Pódese ser pobre pero honrado. E tamén pobre pero desordenado. Pero sempre fai falta un tendedeiro.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: