18 Set BLOGME TENDAL CCXLIII: Tendedeiro de tubo
Vaites ho! Que mala sorte! Necesitas eses calcetíns porque son os únicos que tes que combinan con ese pantalón e mais eses zapatos. E usáchelos onte. E feden. E hai que lavalos decontado. E secalos. Non hai tempo para abrir o tendedeiro pregable, que xa vas tarde e decátaste xusto agora de que necesitas eses, só eses calcetíns… o tubo do balcón (por certo, ese tubo xa é un apaño de seu)!!!!
Espero que lle deran o traballo. Ou que fose unha noite marabillosa
Sen comentarios