blog me tendal

BLOGME TENDAL CCLXXV: Tendedeiro de proa

As cordas frouxas, colgantes, lasas. Mortas. Ata que o pau da fregona se transmuta en bauprés, espolón que fura o mundo e afirma a arboladura do tendedeiro, convertendo as cordas en cabos, os panos en foques, as pinzas en gratís. En canto levante vento abondo, a...

BLOGME TENDAL CCLXXIV: De festa

Onte houbo festa. Queda a pegada no vestido, vermello alegre, en forma de olor a suor e a sorriso e a baile. Hai que lavalo a parte? Si, porque senón dilúese a alegría. E porque hoxe hai máis....

BLOGME TENDAL CCLXXIII: Deitadas

Sen pinzas, sen nada. Velaí están, tiradas na soleira da xanela. Que imprudencia, nonsi? E se levanta o vento de súpeto? Alá van elas todas polo aire adiante. Supoño que non o farán por mal. Que o farán porque non teñen tendedeiro. Porque non teñen...

BLOGME TENDAL CCLXXII: Desparellado

Está ben ir conxuntada por se un día tes unha urxencia inesperada e tes que ir ó médico, e como te vai ver se tes a parte de arriba que non combina nin farta de viño ca parte de abaixo. Que vai pensar de...