30 Abr BLOGME TENDAL CCLXXV: Tendedeiro de proa
As cordas frouxas, colgantes, lasas. Mortas.
Ata que o pau da fregona se transmuta en bauprés, espolón que fura o mundo e afirma a arboladura do tendedeiro, convertendo as cordas en cabos, os panos en foques, as pinzas en gratís.
En canto levante vento abondo, a casa larga cabos e emprende a singladura pola rosa dos ventos toda cara á Illa do Preste Xan, á Atlántida resucitada, ás Hébridas, á illa das sereas que cantan mentres lavan a roupa.
Hai unha illa loubada alá no fondal do mar… capitán Cunqueiro
Sen comentarios