Hai que ter coidado con quen se tende. Mirade que tendedeiro tan (filosóficamente) xeitoso o da esquerda. Que ben lavado, que ben feita a bogada (colada). Só roupa miúda. Aínda que a alguén non lle guste mesturar os calcetíns ca roupa interior, pero que...
Adoro este tendal, máis que tendal é paisaxe, humana. Clásico. Colocado enriba do pozo que está ó carón do pilón e combina co pexegueiro mais co camelio e a figueira e a maceira e a viña e a oliveira e a uralita e ca...
Na inmensidade do tendedeiro poucas pezas e arreboladas. Na inmensidade do branco pouca cor pero destacada.
Están lavadas a man, quen pon unha lavadora só por esta pouca roupa. E toda feminina. Abonda con ver os calcetíns, raro é o home con esas cores nos...
Se non estás no post orixinal, podes ir a el picando aquí
Tendedeiro entrado en anos. Todo cadra. Só hai unha prenda: hai muller na casa. E non di máis. Hai pinzas e mais pinzas, pero non queren dicir que haxa máis xente na casa,...