BLOGME TENDAL CXIX: Tendal tirolina

09 Mar BLOGME TENDAL CXIX: Tendal tirolina

blogme 119

Tendal tirolina

Que non se trata só de secala. Si, nós poñemos a roupa a tender, a secar e marchamos á nosa vida, pero… e a roupa? Que fai a roupa tanto tempo no tendal, ó sol, ó ventimperio? Ou peor aínda: e se levan mal ca roupa do lado? Como aturas o tempo de secar con alguén que che está pringando ca súa humidade? Hai xente moi pegañenta á hora de poñer a roupa a secar, aínda que estea probado que así seca mal. Hai xente, pola contra, moi distante, unha prenda aquí e outra no quinto carallo, e que fai a roupa, como fala das súas cousas? Ós berros?

Aplaudo a esta persoa que converteu o tendedeiro en tirolina, que colga o vestido en percha e con todas as medidas de seguridade (pinzas na percha). Así o vestido pode tirarse pola tirolina arriba e abaixo: Non se aburre e seca mellor.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: