Ela é frioleira.
O pixama, gordo e abrigoso, con só miralo xa lle dá calor.
Pero é un algo bruto ese pixama.
Por iso a belusa.
A belusa por baixo no inverno, dalle os aloumiños, suaves, doces e dondos soños que o pixama, coitado, nunca lle pode dar....
E mal amañado. Só lava a lavadora. Non repasa nin prepara colos, puños nin sobrazos. Posiblemente nin pranche.
Pero hai que lavarse, por el e mais pola criatura que terá en custodia compartida e xoga co can que vixía que a roupa seque ben pra...