BLOGME TENDAL CCCXL: Pra xente que fuma.

05 Ago BLOGME TENDAL CCCXL: Pra xente que fuma.

Hoxendía hai menos espazo nas casas, co tempo non haberá espazo pra a xente. Aínda que por razóns distintas, en moitas casas non se pode tender a ropa nin fumar. O balcón pode ser o último recurso.

Pero estas dúas actividades poden ser incompatibles: podes afumar a roupa tendida, ou mánchala ca cinza.

Ca táboa que fai de tellado, pódese fumar mesmo tabaco de liar. A roupa está segura.

Esta taboa tamén separa un ceo anubrado en azul dun mundo inferior superpoboado e con problemas de cambio climático

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: