Festa de cordas e roupas e cortinas.
As roupas da casa saen ó balcón a ver pasar xente e comentar, conversar con outros tendedeiros, tomar o fresco e, en días sinalados, un vermouth....
Vive só pero non leva el a casa. Ten xente que lle vai pola casa a limpar e lavarlle a roupa. Está moi ben feito o tendedeiro.
Esa persoa non vai todos os días, igual un par deles por semana.
Por iso están no mesmo tendal...
Non me cadran nun mesmo tendedeiro prendas tan dispares. Pixama e camisón con trapos de cociña.
Suponse que se lavarían ó mesmo tempo, pero non na mesma vogada.
Os trapos queren deterxente mais un punto de lixívia, pero a roupa de durmir case lle chega cun...
Tendal de señora.
Que vive soa. E cando lava, lava. E xa posta a lavar, lava a man. Porque son prendas delicadas.
As prendas íntimas, ás que a lavadora trata coma unhas calquera. Tócalles a peor parte, merecen mellor trato. E agradécese.
A blusa, a quen a...