08 Xul BLOGME TENDAL CCCXXXVI: trapos en flor
Trapos usados, gastados, rillados, maltratados, tristes, deteriorados.
É o seu traballo, si, pero… coitados!
Que vida dura, mergullados no ácido e no lixo. Nunca chegan a vellos. Avellentan antes.
Como a planta do seu carón, morren de mala vida e desprezo e, despois, son tirados.
Traballo feito, misión cumprida e nunca recoñecida.
Como a planta do seu carón, morren de mala vida e desprezo
Sen comentarios