Calcetíns, patucos e roupa interior. O esencial para estar cómodo nun día de vran cando non queres estar espido de todo. Desta vez dubido do sexo de quen tendeu.
...
Nossa senhora! Por que? Non é o primeiro tendal que vexo así, non é a primeira vez que o falo: por que esta chica (porque este tendal é de chica) garda a cor só para o interior? Interior da roupa de vestir, interior da...
Fotografeino dunha maneira pero a cámara, que sabe máis de fotografía ca min, fotografouno doutra. Unha ten un xeito que non ten a outra. Depende do punto de vista.
este é un...
Déronnos o Premio!!!!!
Parabéns tamén a Roberto Salgueiro e a Sante Cortegoso, compañeiros de palmarés. O premio é compartido con vós.
Non temos fotos, non temos nada, recén chegado de Madrid ca figuriña na man só anuncialo, compartilo, celebralo na internet.
Compartilo con todos, ca compañía e...
Tendal de chico. Evidente, só hai cores algres na roupa interior. Que alegría para quen intime e que tristura para quen só compartamos parada de vitrasa.
Coidadoso? Só cas camisetas. O pixama vai con certo desleixo. E os calzóns...